1. Os maios Os maios en Ourense Patricia Álvarez López 6ºG.M.
2.
3. Aí ven o maio “ Escoiten señores o que o mayo vay cantar, as cousas que pasan yas que van pasar” Barrio do Polvorín, 1960
4. ¿Qué son os maios? Os maios son construccións de diversas formas feitas con elementos vexetais. Recibe o nome de festa dos “Maios” a celebración consistente en sacar á rúa ditas construccións.
5. “ O maio quisera antes de marchar, cousiñas d-Ourense poderos contar”
6. Características da celebración Datas: os días cume da celebración son entre o 1 e o 3 do mes de maio Lugar: toda a xeografía galega Orixe: prehistórica Significado: nace como un ritual ou festa ligada sempre ás actividades agrarias Tradición Elementos característicos: os maios como construcción e as coplas.
7. Datas A festa acostumaba a celebrarse dende as últimas noites do mes de abril ó longo do mes de maio, pero ten o seu cume no día tres. Na actualidade, debido a que se está perdendo o que era a tradición completa, a celebración faise a primeira fin de semana do mes de maio, dende o día un ata o día tres, aínda que depende da situación do domingo no calendario.
8. Lugar Todos os pobos que se fixeron agrícolas ou gandeiros teñen a súa particular celebración da chegada da primavera. Así, a festa dos maios exténdese desde Francia ata Saxonia, dende Suecia a Alemaña e tamén polo mundo mediterráneo.
9. …lugar Hai documentación do século XIII en rexións como Saxonia, Burdeos, Baviera ou a Provenza que falan do costume de ir buscar o maio, unha árbore que se adornaba e se colocaba no medio da praza. Este costume estaba tamén afincado en Castela, e darredor da árbore realizábanse numerosas actividades, como bailes, xogos…
10. …lugar En Francia e Inglaterra, un dos xogos consistía en rubir pola árbore, proclamándose o campión como “rei do maio”, que tiña ademais o dereito de escoller entre as mozas unha “raíña de maio”. En Noruega ou Suecia, as nenas escollían entre elas a “raíña de maio”, quen nomeaba ó “rei maio” entre os nenos.
11. …lugar En diversas zonas da Península, sobre todo Castela e tamén en Galicia; así como Romanía, Eslovenia, Lituania, a Alsacia francesa e outros territorios centroeuropeos, son típicos os maios humanos. As “maias” son rapaciñas vestidas de branco adobiadas con guirnaldas de flores.
12. …lugar Hai celebracións de maios por toda Galicia. Por isto, dinstinguimos entre: - Maios do norte de Galicia: Santiago, A Coruña… - Maios do sur de Galicia: os máis representativos. Destacan os de Pontevedra e Ourense, pero tamén Vilagarcía de Arousa, Marín, Redondela, Allariz, Caldas de Reis, Valdeorras ou Verín.
13. …lugar - Ramo de flores : Cambados (Pontevedra), Quiroga (Lugo), Brión (A Coruña), Os Riòs (Ourense) - Arcos de flores: Tiobre-Betanzos (A Coruña) - Cruces de flores : Ourense, Pontevedra, A Coruña, Noia, Ferrol... - Arbore de Maio: Laza (Ourense), Entrimo (Ourense) - Maio-mozo : Santiago, Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Portomarín, Lugo, Ribadavia, O Carballiño, Vilalba, A Coruña, Viana do Bolo, Celanova, Verín, Noia, Porto do Son, Castro Caldelas, Monforte de Lemos, Carnota, Quiroga, Pontedeume, e sobre todo Vilafranca do Bierzo. - Maias : Pontevedara, Muros, A Coruña... - Maios figurativos: Pontevedra, Ourense, Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allariz, O Barco...
14. Orixe A celebración dos maios data xa da época prehistórica. Non se sabe ben se puido nacer xa no Paleolítico, pero si que se celebra dende o Neolítico, co nacemento da agricultura e a gandeiría. O home necesitaba pedirlle protección ós deuses para acadar boas colleitas, decidindo realizar ritos que garantiran a fecundidade da terra e para alonxar pragas, treboadas, xiadas, meigas e demais males.
15. …orixe Estes ritos, asentados entre a fin do inverno e os inicios da primavera, continuaron no mundo greco-romano. En Grecia, facíanse as festas e ritos adicados a Deméter, a deusa da fertilidade. Tamén en Roma, adicadas á mesma deusa que denominaban Ceres, e ademais, realizaban sacrificios de animais para purificar os campos.
16. … orixe Sábese que estivo moi exetendida a celebración ata o século VI, cando a Igrexa empezou a condenar estes ritos como contrarios ó cristianismo (San Martiño de Braga, Concilios de Braga e Lugo…) Darredor do século XVI aparecen textos que falan dos maios do seguinte xeito:
17. … orixe " En Maio, tódolos mozos e mozas, vellos e casados , corretean pola noite nos bosques, lomas e montañas, onde pasan tóda-la velada en alegres pasatempos; e pola mañán voltan traendo ramas de bidueiro e outras árbores para adornar as súas xuntanzas ... E non hai que asombrarse... que estea presente entre eles , como superintendente de tódolos xogos e pasatempos, Satán, príncipe dos Infernos...." “ Homes de reputación e gran seriedade declaran que do centenar de doncellas que van ó bosque esa noite, menos da terceira parte volve inmaculada á súa casa" . Anatomía das Ofensas, P.Stubbes, Inglaterra, 1583
18. …orixe A celebración da festa dos Maios pasou de ser un rito pagán a estar cristianizado. Pasouse de que foran ritos adicados á natureza e á exhaltación da vexetación a unha celebración relixiosa de culto á Virxe que remata o día tres de maio coa celebración da Santa Cruz.
19. … orixe Malia todo, ata a Ilustración, s. XVII, non aparecen as prohibicións civís, que de ningún xeito conseguiron acabar con estas celebracións. “ No sé por dónde vaya que no me tope una maya y otra maya Maya aquí, maya allí ¡ donoso talle! Mayando está en Madrid cualquiera calle.” La Maya, Luis Quiñones de Benavente
20. “ Abertos os brazos parece o cruceiro que baila a muiñeira ó son do pandeiro”
21. … orixe No século XIX, a celebración da Festa dos Maios sufriu un gran retroceso, debido ós numerosos cambios que se viviron tanto a nivel económico como social. Só se mantivo a tradición naqueles núcleos nos que un grupo de rapaces se preocupou por mante-la tradición, ou nalgunhas vilas, á cargo de nenos que gañaban algúns cartos gracias a isto. Recentemente, obsérvase un intento por recuperar esta tradición cultural, algo que moitas veces aparece reflectido ata nas coplas de maio.
22. … orixe O cristianismo non conseguiu erradicar de todo estes ritos, pero condenouse cantar maias, facer procesións ós montes… Cambiouse a árbore por unha cruz, e as coplas trocaron as súas letras por temas relixiosos. A Igrexa calificou ditos ritos como supersticiosos.
23.
24. …orixe A celebración ten a súa orixe no ambiente do mundo rural, agrícola e gandeiro como unha celebración de carácter cultural. Despois foron levados a vilas e cidades, onde se converteron nunha festa de carácter lúdico que pretende rememorar as celebracións e os ritos tradicionais do pasado.
25. Significado Os maios poden definirse como un conxunto de ritos que se fan para festexa-la morte do inverno, expulsalo e anuncia-lo comezo da primavera. Son ritos de culto á primavera, á vexetación e ó amor, que cando se cristianzaron pasaron a ser de culto á Virxe.
26. …significado O home primitivo rendíalle culto a máis elementos da natureza, como a terra, a auga, os penedos, o lume, os camiños, as árbores e as fontes.
27. …significado Os maios posúen tamén un significado relixioso, xa que todos levan unha cruz ou un cruceiro. Un significado cultural, xa que amosan unha cultura ancestral das nosas xentes. Artístico, porque neles admiramos a imaxinación e a arte do pobo. E supersticioso, porque nos defenden contra os malos espíritos.
28. …significado O maio simboliza “o renacer da vida e das plantas, o comezo do ano agrícola e gandeiro, a ledicia de que o sol alumee con forza e así se fagan propicias as colleitas, alonxa-las pragas, adversidades metereolóxicas, doenzas dos animais, as meigas, as bruxas, os aires maléficos, as xiadas, as treboadas…”
29. … significado En definitiva, os maios eran un xeito de “invocar” axuda para favorecer o crecemento das plantas e das colleitas, así como para protexelas de males de orixe natural (pestes, animais, pragas…) ou sobrenaturais (meigas capaces de botar mal de ollo ás colleitas e demais crenzas populares).
30. Tradición Tradicionalmente, as últimas noites do mes de abril os mozos marchaban cortar unha árbore que se colocaba no medio da praza do pobo ou das leiras, onde quedaba normalmente todo o mes. Danzábase e cantábase darredor da árbore, que había ser o máis grande posible. As casas adornábanse en portas e fiestras con pólas de árbores e ramalletes de flores.
31.
32. …tradición En lugar de cortar a árbore, podíase fabricar, mediante panos, farrapos, sacos, arpilleiras, musgos, fiúnchos, carrabouxos, barazas, cordeis, colares de bugallos, flores e unha cruz. Non se podían empregar nin arames nin cartóns na súa elaboración.
33. …tradición A noite do vintenove de abril os paisanos xuntábanse ó pé dunha fogueira no medio da praza e levando fachicos na man, bailaban darredor da fogata.
34. …tradición Durante toda a noite do trinta de abril, os labregos danzaban polas súas leiras portando os fachicos na man e esparexendo as cinsas sobre a terra, cantando invocacións aludindo á terra como: “ Alumea o pan, alume o ben, alumea o pan, para o ano que ven.”
35. …tradición ou ben: “ Lume, lume, vén ó pan; Dios che dea moito grao. Cada grao coma un bugallo, Cada pé coma un carballo”.
36. …tradición A fogueira simbolizaba unha forma de pedir que o sol quentase todo o verán, e para tamén axudar ó esperado “renacemento primaveral”.
37. Elementos característicos Os maios: Son as construccións feitas con elementos sacados da natureza, vexetais. Poden ter diversas formas, polo que hai varios tipos de maios. A súa estrutura consiste nun armazón interno ou soporte que vai recuberto de todos os elementos vexetais recollidos, ademais doutros materiais.
38.
39. … elementos característicos O elemento base, fundamental na construcción dos maios, é quizais o musgo, que vai cosido con fío, nunca pegado, sobre unha base de esparto colocada sobre o armazón. Engádense flores, carrascos, teas, carrabouxos, follas, froitos, pólas de árbores, landras, sacos…
40.
41. …elementos característicos Existen varios tipos de maios: Maios figurativos: Son os tradicionais, os máis enxebres. Representan ó monte, e por iso teñen unha forma piramidal. Coma todos, van cubertos de musgo, e flores, e rematan nunha cruz.
42.
43. …elementos característicos Maios artísticos: Son os máis recentes. Representan un monumento ou obra de arte do pobo ou cidade. No caso de Ourense, os máis típicos son: As Burgas, o Santo Cristo, A Ponte, a Praza do Ferro, cruceiros, petos de ánimas, capelas e ermidas, potas de augardente, carros de vacas… Van tamén sempre coroados por unha cruz.
44. Maios que representan unha vendima (esquerda) e un afiador, típico ourensán, xunto a un cruceiro (arriba)
45. …elementos característicos Maios humanos: Un home ou un rapaz, ou unha muller ou unha rapaza, ou incluso un meco, é levado en andas polo pobo. Van cubertos de ramos e flores, e percorren as rúas cantando coplas de carácter satírico. As “maias” son as rapazas vestidas de branco e adobiadas con flores, e os “maios mozos”, rapaces vestidos tamén con follas e flores.
46. …elementos característicos O meco atábase ó finalizar a un pau moi alto e cantábanselle maias. Despois, queimábase como acto simbólico, que significaba a queima do pasado e do inverno.
48. …elementos característicos Os maios son elaborados por distintos grupos, asociacións de veciños, culturais, institutos e colexios da cidade… coa finalidade de presentalos a concurso. Unha vez feitos realízase o traslado dos maios dende o lugar onde se confeccionaron ó lugar de exposición.
49. … elementos característicos En Ourense, o traslado facíase a modo de procesión polas rúas da cidade. Levábanse en andas os maios á vez que os rapaces cantaban cantigas mentres golpeaban o chan con paus ou danzaban collidos da man arredor deles. Esta é parte da tradición que se perdeu, e agora o traslado faise individualmente en furgonetas ou automóbiles.
50. …elementos característicos A exposición dos maios adoitaba facerse na Alameda da cidade, pero dende hai uns anos véñense expoñendo na praza de Bispo Cesáreo, xusto enfrente. Colócanse os maios e realízanse numerosas actividades darredor deles.
51. …elementos característicos Este ano, houbo darredor un taller de elaboración de maios, concertos de grupos de música e incluso, actuacións de grupos folclóricos, que este ano acudiron de países como Serbia ou Croacia. Tamén unha exposición sobre os maios en Ourense ó longo da historia, con fotografías e coplas. Ademais, colocouse na Praza Maior da cidade toda a fin de semana un mercado de produtos típicos.
53. …elementos característicos As coplas: Son cantigas elaboradas expresamente para o día dos maios por parroquias, agrupacións culturais, clubes de Xunventude ou colexios e institutos da cidade. Son letras sen un poeta oficial, de carácter informal, aínda que cada vez son máis as escritas por verdadeiros poetas.
54. “ […] Soio de Salamanca Gil Robles exportou Catro vagós d’ovellas Pra unha concentración. A Compostela foron i-as maus estarricaron, E tódol-os galegos Os puños enseñamos. Agora que galegos Febreiro xa pasou Cos do bienio negro A Galiza rematou. Xa a Madrí chegamos Sin nos montar no tren Con Azaña atopamos E’un encargo de chipén. De trescentos que pedía Tense que conformar Con catro pelagatos qu’alí se xuntarán. O Robles si eres fuerte Cas xamonas se verá Porque nas eirexas ben se pode lambear […]”
55. “ Vinde vel-o Mayo Que resucitou, Evos o mesmo de antes ou si cadra millor. No Mayo d’outros tempos Falábase de mais, Hay cousas que inda sendo Non se deben lembrar. […] España ha de ser outra Y hemos de percurar Que o macho sexa macho Y-a femia eso na mais. Camiña Mayo novo Dispoixas de berrar: ¡Franco, Franco, Franquiño Y Arriba España xa!”
56.
57. …elementos característicos Son poemas que critican de cheo o acontecer do ano, feitos sociais, políticos, culturais… que afectan dalgunha forma a todos os oíntes e a todos os cidadáns. Mostran a vida cotiá cun toque irónico e satírico, e son sinxelas e informais. Os temas que tratan pódense separar en estatais, galegos e ourensáns.
58. Nas coplas deste anos trátanse temas locais como as festas pasadas do Corpus, o rastro, o botellón na Alameda, o descoido dalgúns edificios históricos, as obras de distintas rúas… Tamén hai alusións a “persoaxes” típicos como a leiteira ou a castañeira, así como a outras festas populares como o magosto, o Entroido ou o San Martiño. …elementos característicos
59.
60. As asociacións culturais que levan coplas adoitan levar un maio relacionado. Este por exemplo, é o Maio “O Rastro”, que se corresponde coas coplas anteriores.
61. …elementos característicos Temas máis a nivel de toda a comunidade galega, falouse sobre todo da esperada chegada do AVE e das eleccións de marzo, aludindo a políticos como Touriño ou Núñez Feijoó.
62.
63.
64. …elementos característicos A nivel nacional e máis en xeral, foron varias as coplas que falaban da crise económica, da proclamación de Obama como presidente dos EEUU, o plan Boloña, o protocolo de Kioto, o cambio climático, o óscar de Penélope Cruz, o SIDA, a Eurocopa ou a posición do Barça na liga.
65.
66. “ A nosa ciudá está progresando, Con novos edificios Que están edificando”
67. …elementos característicos Os versos das coplas son xeralmente de arte menor, predominando os de oito sílabas, pero a métrica pódese alterar ó longo do poema. Normalmente riman os versos pares en asoante, aínda que poden rimar os catro da estrofa en consoante. Debido ó seu caráter popular, apenas aparecen artificios literarios.
68.
69. …elementos característicos Nestas coplas, é característico que o autor fale sempre en plural, recalcando o senso colectivo de quen critica á sociedade. Salientan este plural versos como: “ Queremos dicir” “ Vimos criticando” “ Ímosvos canta-las coplas” …
70. …elementos característicos Tamén é común que incorporen introduccións que aluden ó destinatario e ós oíntes, como: “ A quen queira oílo” “ Xente de Ourense, vinde a disfrutar” “ Escoitade rapaces, mociños e vellos tamén” “ Señores e señoras, benvidos ó maio”
71. …elementos característicos As asociacións e os rapaces que realizaron as coplas véndenas polas rúas da cidade. A finalidade dos cartos adoita ser algunha actividade, excursións… Ademais, recóllense beneficios polo feito de levar anuncios publicitarios, algo cada vez máis frecuente e que está a reducir o espacio adicado ás coplas no folio.
72. En Ourense, a festa dos Maios vense realizando dende o ano 1909, e hoxe é unha celebración declarada de Interese Turístico.
73. “ Levántate mayo E vay para outro lado Que con estas verdades Non eres ben mirado” 1928 “ Levántate mayo Vámonos deiqui Haber se noutro lado Ganamos mas qu-eiquí” 1953 A Castañeira
74. Música Troula de Campañó, Fía na Roca Centeo, Fía na Roca Viaxe por Urticaria, Berrogüeto Ádulas Norda, Nova Fronteira e Cartelle Navicularia, Berrogüeto